Afiliacións en Contas de Cotización de Ourense

No mes de Mayo o número de afiliacións a seguridade social desde o punto de vista do domicilio do Código da Conta de de Cotización na provincia de Ourense, situouse moi próximo ás 100.000 afiliacións (99.841), o que representan 1.310 mais do número de cotización ao remate do mesmo mes do ano anterior (+ 1,33%), completándose así 12 meses seguidos con crecementos interanuáis. Se comparamos o número de afiliacións por conta de cotización do mes de Maio contra os datos do mes de Abril deste ano o número de afiliacións incrementouse en 103. O crecemento, en termos interanuáis segue a quedar por baixo do incremento da media do conxunto de Galicia +2,24%)

Número de Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral o último día do mes segundo o domicilio do Código da Conta de Cotización

Fonte: Instituto Nacional de la Seguridad Social

Data da consulta: 24/06/2017