Evolución das Afiliacións á Seguridade Social

En sete dos trece trimestres consecutivos que leva xerando emprego neto a provincia de Ourense (en taxa interanual), as subas na comparativa a doce meses estiveron por enriba do 1%. Isto aconteceu no terceiro trimestre de 2017, cunha recuperación do 1,02%, aínda que o récord de ascenso interanual data de decembro de 2016, cun alza do 1,51%. A velocidade de rexeneración laboral está a ser máis forte no conxunto de Galicia, cun repunte do 2,6% en taxa interanual ao peche do trimestre pasado, que foi precisamente o teito de crecemento na comunidade desde o inicio da recuperación (segunda metade de 2014).
Nos últimos seis meses, o mercado de traballo ourensán expandiu un 3,3% as afiliacións, ata o punto de achegarse neste período á media galega (incremento do 3,6%). Desde comezos de 2014, na provincia de Ourense as afiliacións pecharon oito trimestres á alza e sete á baixa, mentres que en Galicia o saldo é de once trimestres con ascensos e únicamente catro con caídas.

.

Evolución do Número de Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia do afiliado

(valor coma porcentaxe. Variación: Diferencia co mesmo período do ano anterior)

Fonte: IGE

Data da Consulta 23/11/2017