Número de pensionistas

O número de pensionistas non rexistrou grandes variacións ao longo da última década. Fronte ao dato recurrente de que, de xeito xeralizado, a cifra de perceptores non para de medrar e que esa evolución supón unha ameaza para a futura sostenibilidade do sistema público de pensións, os datos correspondentes á provincia de Ourense falan dunha realidade ben distinta. A 31 de Decembro de 2017 contabilizábanse 95.337 titulares de pensións contributivas (que recibiron 108.882 pensións), fronte a 95.260 en 2016 (108.924 pensións) ou 95.555 en 2014 (109.683).
Na análise por sexos cabe salientar que nos dez anos de estudo sempre houbo máis perceptores mulleres que homes, si ben as diferenzas son pequenas. Nos dous últimos anos a proporción permaneceu practicamente invariable (50,8% de pensionistas mulleres e 49,2% de pensionistas homes).

Número de titulares de pensions contributivas do Sistema de Seguridad Social

Nota: A data de referencia dos datos é ao 31 de Decembro do ano.
Fonte: Instituto Nacional da Seguridad Social
Data da Consulta 21/10/20197