Evolución Mensual Balanza Comercial

O sector exterior da provincia de Ourense conquistou o obxectivo de superar en 2016 o excelente nivel exportador acadado no ano anterior, polo que asina por segundo ano consecutivo un exercicio plenamente favorable. Fixou tope anual de exportacións en 788,3 millóns de euros, o que representa un diferencial positivo de 2,35 millóns no cómputo do ano e unha subida interanual do 0,3%.
O vindeiro desafío que sinala o Observatorio Económico Ourensán é superar e consolidar o chanzo dos 800 millóns de euros.A fortaleza do comercio exterior de Ourense queda reflectido no volume do superávit comercial de 2016, cifrado en 291,62 millóns. Só o maior fluxo nas importacións (496,7 millóns de euros), que subiron un 13,2% no acumulado do ano, provocou un moderado retroceso con respecto ao excepcional superávit logrado en 2015, cando se situou en 347,26 millóns.
Polo que respecta ao primeiro mes do ano 2017, a balanza comercial presenta un superavit de mais do 161%, acadando unha cifra de exportacións de case 64 millóns de € (superando as cifras do mesmo mes do ano anterior no 6,2%), fronte a unhas importacións de algo menos de 40 millóns de € (- 5,3% en comparación coas de xaneiro de 2016).

Cifras totais de Comercio Exterior e Intracomunitario.

Unidades: miles de euros

Fonte: IGE a partir datos Departamento de Aduanas
Data da consulta 30/03/2017