Porcentaxe de Pensionistas sobre o Total da Poboación

A evolución do peso relativo que ostenta o colectivo de pensionistas sobre o total da poboación provincial describiu dúas velocidades na última década. No primeiro lustro, entre 2006 e 2010, a proporción de pensionistas sobre a poboación total foi moi constante. Mantívose casi en perfecto equilibrio, na contorna do 28%. Isto significa unha equivalencia de 1 pensionista por cada 3,5 habitantes. Pero o punto de inflexión prodúxose en 2011 e acentuouse a partires do ano seguinte. Deste xeito, dende 2013 os crecementos superan os 0,3 puntos porcentuais no peso relativo dos perceptores de pensións sobre o conxunto da poboación; e dous anos (2014 e 2015) con niveis máximos, nos que se deron alzas en torno ao medio punto porcentual. Con datos de xaneiro de 2017, a ponderación dos pensionistas sobre a poboación total acadaba un teito histórico do 30,62%. Tan só no exercicio precedente se tiña subido do 30%. A equivalencia actual é de 1.

Número de Pensionistas en Xaneiro do Ano de referencia/Total de Poboación en Xaneiro do ano de Referencia

Fonte: Instituto Nacional de la Seguridad Social e INE
Data da consulta 24/06/2017