Produto Interior Buto e Valor Engadido Bruto

PIB provincial

Os datos de evolución do PIB confirman que a rexeneración laboral que vive a provincia de Ourense desde mediados de 2014 é acorde coa recuperación económica xeral. En 2015 -últimos datos dispoñibles- o PIB ourensán medrou un 2,23%, o que constitúe o crecemento máis forte desde o ano 2010 (subida interanual do 2,85%). Logo de rexistrar diminucións nos tres exercicios previos (baixada do 0,84% en 2014, do 2,46% en 2013 e do 1,52% en 2012), o PIB provincial regresou así aos números positivos que xa vivira en 2011 (aumento do 0,93%) e en 2010 (auxe do 2,85%). En cifras absolutas, o PIB da provincia de Ourense acadou en 2015 un volume de 6.175,91 millóns de euros, 135,1 millóns máis que no ano anterior.
En toda a serie histórica da crise económica (desde 2008) sempre transitou por encima da barreira dos 6.000 millóns de euros. Co repunte logrado en 2015, ese ano a fenda da propia crise quedaba rebaixada na provincia a 240,6 millóns de euros. É dicir, para recuperar o nivel anterior a economía ourensá precisaba un pulo do 3,75%. En 2014, a desvantaxe era moito máis visible: 398,3 millóns de euros e 6,2% a recuperar.

Valor engadido bruto por ramas de actividade

O grupo de actividades do que forman parte as industrias extractivas e manufactureiras, a subministración de enerxía e auga, as actividades de saneamento e máis a xestión de residuos e descontaminación foi o que liderou o crecemento en términos de Valor Engadido Bruto na provincia de Ourense durante o ano 2015. Asinou en conxunto un repunte do 0,82%, lixeiramente superior ao 0,72% anotado de media polas ramas da Administración Pública e Defensa, Seguridade Social, Sanidade, Servizos Sociais, Ensino e actividades artísticas, recreativas e de entretemento.
Nese exercicio, o de 2015, o epígrafe no que figuran o comercio maiorista e minorista, a reparación de vehículos, o transporte, a loxística, a hostalería e as comunicacións seguíu penalizado pola crise, cun descenso en VEB do 0,62%. En 2015 tampouco aflorou a recuperación económica no sector da construción, que rexistrou unha merma do 0,42%, moi en liña coa da agricultura e gandeiría (-0,43%). Mentres, un dos epígrafes máis representativos do sector servizos, o das ramas financieiras, inmobiliarias e administrativas, dos seguros e, en xeral, dos traballos profesionais, científicos e técnicos, rematou practicamente plano (mínimo descenso interanual do 0,09%).
Por importe económico, a maior achega provincial de VEB corresponde ao grupo das ramas do sector público, con 1.378,1 millóns de euros, seguidas polas do comercio, transporte, hostalería e demais actividades dese epígrafe, con 1.285 millóns de euros de valor xerado en 2015. O ránking continúa coas ramas industriais, enerxéticas e afíns, con 1.151,4 millóns e co groso do sector servizos (943,6 millóns). A industria manufactureira pechou 2015 cunha cifra de 760,7 millóns de VEB provincial, 314,2 millóns máis que a construción (446,5 millóns), sector que en 2008 inxectaba por si só 735 millóns de euros á economía ourensá.

A Agricultura, gandería, silvicultura e pesca
B_E Industrias extractivas, industria manufacturera, suministro de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado, suministro de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
F Construcción
G_J Comercio ao por maior e ao por menos, reparación de vehículos de motor e motocicletas, transporte e almaceamento, hostelería, información e comunicación
K_N Actividades financieras y de seguros, actividades inmobiliarias, actividades profesionales, científicas y técnicas, actividades administrativas y servicios auxiliares
O_U Administración pública e defensa, seguridade social obligatoria, educación, actividades sanitarias y de servicios sociales, actividades artísticas, recreativas y de entretenimiento, reparación de artículos de uso doméstico y otros servicios

P.I.B. a Prezos de Mercado e Valor engadido bruto por ramas de actividade (Valor engadido bruto por rama de actividade/valor engadido total en %)

Unidades: miles de €

Fonte: INE (Contabilidad Regional de España)
Data da consulta: 22/01/2019