Importe Anual Nómina de Pensións

A nómina anual que perciben no seu conxunto os perceptores de pensións censados na provincia de Ourense disparouse un 44,56% no período comprendida entre os anos 2005 e 2016. Concretamente, o importe correspondente ao exercicio de 2016 elevouse por riba dos 1.000 millóns de euros, é dicir, mais de 300 millóns máis que no ano 2015. Con todo, nos dous últimos anos (2014 e 2015), a nómina dos pensionistas ourensáns moderou o ritmo de crecemento: en 2016 subiu un 1,56%, igual cifra que no 2015, fronte a crecementos moi superiores dende o ano 2013 (neste ano o incremento da nómina de pensións foi do 3,23%) cara atrás. Ata 2010 o auxe nos importes totais combinaba a incorporación de novos pensionistas e as revalorizacións anuais. Sin embargo, a partir dese ano quedou excluida a segunda razón como consecuencia das conxelacións. Mentres, a progresiva entrada no sistema de pensionistas con máis anos de cotizacións e con seguros sociais máis elevados, por proceder de sectores como o industrial e os servizos (en detrimento do réxime agrario), explica que a pensión media teña medrado a bó ritmo nos últimos anos, o que explica o tirón na nómina conxunta dos pensionistas ourensáns.

Por rexímenes o importe maior da nómina de pensións corresponde á nómina de Jubilación (692.480.304,5de € no ano 2016), que representa case o 70% (69,2%)  do total; seguido da de viuvez (172.881.316.6 € no ano 2016) (supuxeron o 17,3% do total), e das de incapacidade permanente (112.660.976.8  de € no ano 2016). Xa a moita distancia situáronse as pensión de orfandade (14.458.274 € no ano 2016 )   e as de “favor familiar” (7.586.387 € no ano 2016).

Polo que respecta aso rexímenes, o Réxime Xeral Supuso o 61,74% do total da nómina de pensións no ano 2016, mentras que o Réxime de autónomos representou o 33,78%; a moita distancia deles sitúanse  as nóminas derivadas de Accidentes de Traballo (2,20%), quedando por baixo do 1% as derivadas do SOVI (0,89%) , Enfermedades Profesionáis (0,82%), Minería do Carbon (0,46%) e Traballadores do Mar (0,11%).

Importe total nómina anual de pensións  do Sistema da Seguridade Social

Fonte: Instituto Nacional de la Seguridad Social

Data da Consulta 24/06/2017