Afiliacións á seguridade social segundo o concello de residencia do afiliado [Municipal]

Un total de 48 concellos da provincia de Ourense (o 52,2% do total) conseguen incrementar o número de afiliacións á Seguridade Social no primeiro trimestre de 2017 en comparación co mesmo período de 2016. É unha cifra equiparable á que se rexistrou no trimestre anterior, cando eran 53 os municipios ourensáns con rexeneración laboral na tasa a doce meses. Na actualidade as afiliacións mantéñense invariables en dous concellos (Porqueira e Ramirás) e diminúen en 42. O ránking provincial de aumento na taxa interanual está liderado por Beade (11,4%) e por A Gudiña (10,8%). Tamén sobrepasan o 5% de creación de emprego neto sete municipios: Trasmiras (7,3%), Baltar (6,9%), San Xoán de Río (6,6%), Beariz (5,8%), Cenlle (5,3%), Pontedeva (5,3%) e A Rúa (5%). As dez primeiras posicións complétanse con Lobios (incremento do 4,4%). E case a continuación, só superados por Melón (4,4%), xa salientan as posicións de dous actores da recuperación que veñen apretando forte en todo o ciclo: San Cibrao das Viñas (4,3%) e Barbadás (4,1%).
Entre as doce cabeceiras de comarca, que son os motores locais de emprego -xeran dúas de cada tres afiliacións-, o mellor comportamento no acumulado do último ano dase en Viana do Bolo (subida do 2,9%), O Carballiño (2,8%) e O Barco de Valdeorras (2,1%). No seguinte chanzo, con valores intermedios, aparecen o concello de Ourense (1,5%), Celanova (1,2%) e Allariz (1,1%). Dúas únicas cabeceiras perden afiliacións, e unha delas, Verín, de xeito case inapreciable (-0,03%). Pecha o ránking das capitalidades locais o municipio de Bande (-4,1%).
A nivel municipal, sete concellos ceden afiliados a un ritmo interanual superior ao 5%. Son Xunqueira de Espadañedo (-8,1%), A Teixeira (-7,7%), Calvos de Randín (-7,6%), Laza (-5,6%), Leiro (-5,1%), Os Blancos (-5,1%) e O Bolo (-5%)..

Selecciónese na lista os concellos dos que se queren coñecer datos

Número de afiliacións á Seguridade Social segundo o concello de residencia do afiliado

Fonte: IGE
Fecha de Consulta 24/06/2017