Poboación Total

Segundo a información do padrón municipal, a poboación ourensá ascende a 311.595 habitantes a 1 de xaneiro de 2017. O que supón unha perda de 3.258 habitantes respecto a poboación a 1 de xaneiro do ano anterior (a poboación tíñase reducido en 3.528 habitantes, en termos interanuais a 1 de xaneiro de 2016). Este descenso sitúase en algo mais de 32.000 habitantes (-32.173) en comparación coa poboación a 1 de xaneiro de 2002; descenso que se concentra especialmente no último quinquenio ao sufrir unha perda de 6.842 habitantes no período 2007-2002; 6.669 habitantes no período 2012-2007; e de 18.662 habitantes no período 2017-2012. Se ben, ao igual que sucedeu no ano 2015, no ano 2016 obsérvase unha deceleración no proceso de perda de poboación.

Cifras oficiais de poboación

Fonte: INE. Padrón Municipal de Habitantes
Nota: A data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro
Data da consulta: 24/06/2017