Capacidade de Atracción de poboación

A 1 de xaneiro de 2018 o 77,36 % dos habitantes na provincia de Ourense teñen nacido nesta provincia, unha porcentaxe que sigue a decrecer (catro décimas menos que no ano anterior) e que é inferior ao que este grupo representa no conxunto de Galicia (79,68%). Pola contra a porcentaxe de nacidos no estranxeiro, no caso da nosa provincia, sitúase no 10,91% o maior de Galicia (que no conxunto sitúase no 8,22%) e mostra ás claras a incidencia que teñen os emigrantes retornados.

Poboación segundo o lugar de nacemento

Valor como porcentaxe

Fonte:: IGE
Data da consulta: 26/06/2019