Poboación activa / ocupada / desempregada en Ourense

A recuperación de 600 traballadores ocupados -en comparación co trimestre anterior- constitúe unha das novas máis favorables do derradeiro trimestre do ano 2018 na provincia de Ourense. Deste xeito de incremento no número de persoas ocupadas, en termos interanuais, manténse por úndecimo trimestre consecutivo, situándose neste último trimestre no 0,15%.
Este lixeiro incremento no número de persoas ocupadas contrasta co decrecemento do número de persoas activas na provincia que volve a situarse por debaixo dos 130.000 (algo que non acontecía dende o I trimestre do ano 2016).
A EPA do cuarto trimestre de 2018 contabiliza 16.900 parados en Ourense, mil setecentos menos que no trimestre anterior e 900 menos que un ano antes.Se analizamos os resultados de paro respecto á poboación a Taxa de Paro en Ourense sitúase no 9,2%, 2,8 puntos por baixo da media galega, tendo disminuido no que vai de decada na nosa provincia 3,5 punto (superando o descenso do 3,4 puntos do conxunto de Galicia). Se nos ceñimos á poboación de + de 16 anos no que via de década Ourense rexistra un descenso na taxa de paro respecto a esa poboación de de 1,9 puntos porcentuais.

Poboación activa en miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
Data da consulta: 05/12/2019