Pirámide de Poboación

A pirámide de poboación da provincia de Ourense, reflicte con claridade a intensificación do proceso de envellecemento da poboación, cunha notable redución da base da pirámide e o ensanchamento da parte superior desta. de xeito que a poboación dos tramos de idade máis altos superan aos dos tramos de xente nova. Por sexos obsérvase un cambio de tendencia no tramo de 50 a 54 anos; así mentres ata os 50 anos o número de homes superaba o número de mulleres en todos os tramos a partir desa idade o número de mulleres é superior ao de homes.

Poboación por sexo e rango de idade (1 xaneiro 2016)

Fonte: INE
Data de Consulta 24/06/2017