Poboación por grupos de idade

A poboación entre 16 e 65 anos a 1 de xaneiro de 2017 supón o 58,57% da poboación total de Ourense, representando unha porcentaxe algo máis de un cuarto de punto inferior do que supuña un ano antes (descenso inferior ao que se produciu no ano 2015 onde a perda de representatividade deste grupo poboacional foi de 2,5%). No conxunto de Galicia a poboación no dito intervalo de idades sitúase algo máis de catro puntos por riba da porcentaxe ourensá, supoñendo o 62,67%.
A porcentaxe de poboación por riba dos 65 anos sitúase no 30,89 % en Ourense e no 24,59% en Galicia experimentando un crecemento en comparación coa porcentaxe que tiña no ano 2006 de 0,23 e 0,27% puntos respectivamente.
Polo que respecta á poboación de menos de 16 anos obsérvase, tanto en Ourense como en Galicia un lixeiro incremento da súa porcentaxe no total de poboación situándose no 10,54% e no 12,74% respectivamente (o crecemento do peso específico deste grupo de idade é de +0,03% no caso da provincia de ourense, fronte a un crecemento do 0,01% para o conxunto de Galicia e unha disminución do 0,08% no conxunto do Estado) .

Poboación de cada Grupo de Idade Ourense/Poboación Total Ourense

(Data 1 de xaneiro) Valor como porcentaxe

Fonte:: INE
Data da consulta: 24/06/2017