Peso da Poboación por Comarcas sobre o Total Provincial

A Comarca de Ourense concentra o 46,20% da poboación na provincia de Ourense a 1 de xaneiro de 2017, sendo xunto a de Allariz-Maceda a única na que se ve como o seu peso específico crece no último ano. Pola súa banda merece destacarse o mantemento, no último ano, do peso poboacional relativo na conxunto da Provincia da comarca de Viana. Pola súa no último ano catro comarcas perden mais de medio punto no seu peso poboacional relativo nos últimos 12 meses: Terras de Celanova (-0,94%) , O Ribeiro(-0,71), Baixa Limia (-0,62%) e A Limia (-0,61%).

Cifras oficiais de poboación por Comarcas

Fonte: Padrón Municipal de Habitantes
Data de consulta: 22/01/2019