Afiliacións en Contas de Cotización de Ourense

Nos datos deste indicador, que recolle o número de afiliacións a seguridade social desde o punto de vista do domicilio do Código da Conta de de Cotización na provincia de Ourense, obsérvase como no ano 2016 encadenáronse dous trimestres completos -seis meses consecutivos- mantendo a barreira das 100.000 afiliacións. Entre os meses de xullo e decembro de 2016 nunca cedeu ese nivel. A vez anterior con rexistros superiores ás 100.000 afiliacións dérase no verán de 2015, pero daquela só durou tres meses -de xullo a setembro-, o que indica que a rexeneración laboral nas entidades da provincia é agora máis intensa que hai un ano. A cifra de decembro foi de 100.165 afiliacións, 439 menos que no mes anterior. O cativo descenso porcentual (0,4%) resultou en Ourense tres veces máis feble que no conxunto de Galicia (-1,2%), xa que na comunidade baixou o censo de afiliados en 11.307 persoas no último mes. Pero tanto o rexistro ourensán como o galego foron mellores que os de decembro de 2015, cando a provincia perdera 700 afiliacións e a comunidade 12.894.
En taxa interanual, o mercado laboral en Ourense impulsou un 1,56% de afiliacións no acumulado de xaneiro a decembro de 2016, porcentaxe que equivale a unha subida neta de 1.540 afiliacións. No mesmo período, a estatística medrou en Galicia en 20.208 persoas, cunha recuperación do 2,16%.
Polo que respecta ao mes de Xaneiro de 2017 os empregadores con conta de cotización na provincia de Ourense sumaron 98.831 afiliados (948.691 no conxunto de Galicia), o que supón un incremento do 0,82% con respecto ao mesmo mes do ano 2016 (+1,68% para o conxunto de Galicia)..

Número de Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral o último día do mes segundo o domicilio do Código da Conta de Cotización

Fonte: Instituto Nacional de la Seguridad Social

Data da consulta: 20/02/2017