Paro Rexistrado

Aínda que o paro rexistrado subiu en 786 inscritos en xaneiro, a provincia de Ourense acumula un descenso de 1.145 parados nos últimos doce meses -de xaneiro de 2016 ao mesmo mes de 2017- e de 8.335 si estendemos o período de análise ata o peor xaneiro de toda a serie histórica, o do ano 2013, cando a cifra provincial era de 31.841 parados, prácticamente o teito histórico do mercado laboral ourensán; en toda a crise e en toda a serie histórica só houbo una dato peor, o de febreiro dese mesmo ano -2013-, con 31.911 inscritos no Servicio Público de Empleo Estatal.
O feito de que suba o paro en xaneiro entra na tendencia habitual, pero cabe salientar de xeito moi positivo que o incremento é moito máis feble que os que se viñan rexistrando nese mesmo mes desde o ano 2009. Así, en todo o período 2009-2017 os únicos arranques de ano (xaneiro) con alzas de parados por debaixo dos 1.000 inscritos foron os dous últimos, o de 2017 cun repunte de 786 e o de 2016 con 801. Nos anos anteriores, o incremento medio moveuse sobre os 1.500, cun pico de 1.763 en 2012. Unha nova confirmación da rexeneración laboral e económica que está a vivir a provincia de Ourense é que a cifra de 2017 resulta equiparable á do mes de xaneiro dos anos previos á crise económica. Cabe lembrar que en 2008 e 2006 houbera un alza mensual de 690 parados e en 2007 de 418, pouco lonxe dos 786 de 2017.
En taxa interanual, o paro ourensán descende un 10,1%, prácticamente ao mesmo ritmo que o do conxunto de Galicia, que decrece un 10,3%.
.

Total de demandas de emprego en alta existentes ao final do mes

Fonte: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia)
Data da consulta 20/02/2017