Evolución Paro Rexistrado

Cunha serie ininterrumpida de 41 meses nos que a taxa de variación interanual do paro presenta melloría con respecto á do mesmo mes do ano anterior, o mercado laboral ourensán está en disposición de protagonizar un fito que desde finais de 2014 só se produxo nun mes illado, en setembro de 2016, tal e como se pode apreciar no gráfico. Consiste en presentar mellor redución do paro en taxa interanual que o conxunto de Galicia. En xaneiro de 2017 -último dato dispoñible- quedou ás portas de conseguilo, cunha taxa de variación provincial (-10,12%) que prácticamente converxe coa da comunidade (-10,31%). A velocidade actual de diminución do paro na provincia de Ourense é o doble de intensa que a que se rexistraba hai poucas datas, a mediados de 2016, cando estaba instalada no -5,4%.
O recente dato provincial do -10,1% convírtese de lonxe no máis positivo dun mes de xaneiro desde que principiou a recuperación laboral. Hai un ano, no inicio de 2015, a taxa de variación interanual era 3,3 puntos porcentuais inferior (-6,8%). Mentres, en xaneiro de 2015 acadara o -7,4% e no mesmo mes de 2014 limitábase ao -4,4%.

Evolución Número de Parados Rexistrados

(valor coma porcentaxe. Variación: Diferencia co mesmo período do ano anterior)

Fonte: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia)
Data de consulta 20/02/2017