Ocupados por rama de actividade

O auxe de ocupación na agricultura, na venda e reparación de vehículos, no sector público e máis no ensino e servizos sociais constitúen, xunto coa gran recuperación do sector do comercio na segunda metade do ano, constitúen as novas máis favorables de 2016 no ámbeto laboral na provincia de Ourense. Segundo os datos da última EPA (cuarto trimestre), o sector primario gañou 2.000 ocupados no último ano e suma xa 7.900, mentres que o téxtil rexistra un alza de 1.700, o ensino de 1.500 e a venda e reparación de vehículos achégase tamén a eses rexistros, cun aumento interanual de 1.400 ocupados. Por diante de todos eles cabe salientar a evolución da Administración Pública, que nun ano pasou de 9.300 a 11.400 profesionais (incremento de 2.100). Tamén houbo repuntes, aínda que máis febles, na hostalaría (300 ocupados máis que en 2015) e nas actividades profesionais, científicas e técnicas (100 máis).
Pola súa parte, o sector con máis forte dependencia para o mercado laboral de Ourense, o comercio, protagonizou unha apreciable melloría na segunda metade do ano, ata o punto de pechar 2016 con só 200 ocupados menos que ao remate de 2015, cando no primeiro semestre chegara a perder ata 1.600 empregos. As actividades comerciais xeran o 12% do emprego provincial. Entre tanto, o téxtil e o sector TIC manteñen os mesmos niveis de ocupados de hai uno, o primeiro con 1.700 traballadores ocupados e o segundo con 2.600.
No debe do mercado laboral da provincia cabe nomear sobre todo á construción, que segue a perder ocupados (2.800 no conxunto do último ano), seguida das actividades sanitarias e dos servizos sociais, cunha redución de 1.300. Ademais, a industria extractiva baixa en 700 ocupados e a alimentaria en 500. O transporte e as finanzas e seguros acusan o mesmo descenso, con 400 persoas menos en cada caso.
Os sectores con máis peso sobre o total dos traballadores ocupados da provincia son o comercio, co 12,05%, a Administración Pública (10,6%), os servizos sanitarios (10%), os educativos (8,9%), a agricultura (7,3%) e a industria extractiva (7,2%). No chanzo seguinte está xa a construción (6,8%) e a hostalaría (5,8%). Entre estas oito ramas de actividade moven máis de dúas terceiras partes (68,7%) de todo o mercado de traballo da provincia de Ourense. No último ano, os tres grupos que gañaron máis ponderación foron a Administración Pública (1,9 puntos porcentuais máis), a agricultura (1,8 puntos), o ensino (1,3 puntos) e a venda e reparación de vehículos (1,3 puntos).

A Agricultura, gandaría, caza e silvicultura
B Industria da alimentación, bebidas e tabaco
C Industria téxtil, do coiro e do calzado
D Industria da madeira e da cortiza, salvo mobles; cestaría e espartaría
E Industria do papel, artes gráficas e reprodución de soportes gravados
F Industrias extractivas, refinación de petróleo, fabricación de produtos farmacéuticos, de caucho e plásticos, doutros produtos minerais non metálicos, de produtos metálicos, netalurxia, enerxía, gas e auga
G Fabricación de maquinaria, material eléctrico, material de transporte e industrias manufactureiras diversas
H Construción
I Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas
J Comercio por xunto e ao retallo
K Transporte e almacenamento
L Hostalaría
M Información, comunicacións, actividades artísticas, recreativas e de entretenemento
N Actividades financeiras e de seguros
O Actividades inmobiliarias, administrativas e servizos auxiliares
P Actividades profesionais, científicas e técnicas
Q Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria
R Educación
S Actividades sanitarias e de servizos sociais
T Outros Servizos

Ocupados por Rama de actividade/Ocupados Totais no IV Trimestre de 2016

(Valor coma porcentaxe)

Fonte: IGE (a partir da EPA)
Data da Consulta: 20/02/2017