Exportacións e Importacións Anuais por produtos

O desglose por grupos de produtos permite comprobar que a o superávit comercial de Ourense susténtase sobre todo no sector da pedra natural, capaz por sí solo de xerar máis da cuarta parte (o 26,1%) das exportacións do conxunto da provincia e de atraer únicamente o 1,9% das importacións totais. Aínda que en menor medida, o saldo neto positivo tamén ten unha alta dependencia do primeiro epígrafe da clasificación de comercio exterior, a que corresponde aos animais vivos e aos produtos do reino animal. Neste caso, en 2015 asinou o 9,1% das exportacións provinciais e o 5,4% das importacións.
Na economía ourensá só houbo o ano pasado outros catro grupos de produtos nos que a contribución sobre as exportacións totais superou o 5%: o das máquinas e aparellos de material eléctrico, co 14%; o das materias téxtiles e as súas manufacturas, co 11,5%; o dos materiais de transporte, co 7,75%; e o das peles e coiros, co 5,7%. Os grupos que quedaron máis preto de conquistar ese nivel do 5% foron o das manufacturas de metais, co 4,6%; e sorprendentemente o dos produtos das industrias alimenticias e das bebidas, que a pesares da súa forte implantación na provincia, da súa recoñecida imaxe exterior de marca e do seu bó posicionamento en mercados de forte consumo, únicamente xerou o 4,01% das exportacións do conxunto da provincia.
No terreo negativo tamén se acusa a febleza da industria química, co 2,3% de peso relativo, e a de un dos subsectores chamado a rendibilizar o seu potencial nos vindeiros anos, como é o caso das producións vexetais, si ben é certo que o seu circuito exterior queda moi limitado por tratarse de mercancías perecedeiras. Con todo, a contradición máis apreciable atendendo á estrutura do comercio exterior ourensá é a que afecta ao sector téxtil, no que a diferenza do que parece indicar a intuición, as compras internacionais chegan a representar -en peso relativo- o dobre que as ventas ao exterior. As citadas materias téxtiles e as súas manufacturas impulsan o 11,5% das exportacións, porcentaxe que se dispara ata o 21,2% nas importacións. O segundo grupo que lidera as compras ourensás é o das manufacturas de metais, con preto do 15%, seguido polas manufacturas plásticas, co 10%.

I ANIMAIS VIVOS E PRODUTOS DO REINO ANIMAL
II PRODUTOS DO REINO VEXETAL
II GRAXAS E ACEITES ANIMAIS OU VEXETAIS; PRODUTOS DO SEU DESDOBRAMENTO; GRAXAS ALIMENTICIAS ELABORADAS; CERAS DE ORIXE ANIMAL OU VEXETAL
IV PRODUTOS DAS INDUSTRIAS ALIMENTICIAS; BEBIDAS, LÍQUIDOS ALCOHÓLICOS E VINAGRE; TABACO E SUCEDÁNEOS DO TABACO ELABORADOS
V PRODUTOS MINERAIS
VI PRODUTOS DAS INDUSTRIAS QUÍMICAS OU DAS INDUSTRIAS CONEXAS
VII MATERIAS PLÁSTICAS E MANUFACTURAS DESTAS MATERIAS; CAUCHO E MANUFACTURAS DE CAUCHO
VIII PELES, COIROS, PELETERÍA E MANUFACTURAS DESTAS MATERIAS; ARTIGOS DE GUARNICIONERÍA OU DE TALABARTERÍA, ARTIGOS DE VIAXE, BOLSOS DE MAN E CONTINENTES SEMELLANTES; MANUFACTURAS DE TRIPA
IX MADEIRA, CARBÓN VEXETAL E MANUFACTURAS DE MADEIRA; CORTIZA E MANUFACTURAS DE CORTIZA; MANUFACTURAS DE ESPARTERÍA OU DE CESTERÍA
X PASTAS DE MADEIRA OU DOUTRAS MATERIAS FIBROSAS CELULÓSICAS; REFUGALLO E DESPERDICIOS DE PAPEL OU CARTÓN; PAPEL E AS SÚAS APLICACIÓNS
XI MATERIAS TÉXTILES E AS SÚAS MANUFACTURAS
XII CALZADO; SOMBREIRERÍA, PARAUGAS, ANTUCAS, BASTÓNS, LÁTEGOS, FUSTAS E AS SÚAS PARTES; PLUMAS PREPARADAS E ARTIGOS DE PLUMAS; FLORES ARTIFICIAIS; MANUFACTURAS DE CABELO
XIII MANUFACTURAS DE PEDRA, XESO, CEMENTO, AMIANTO, MICA OU MATERIAS ANÁLOGAS; PRODUTOS CERÁMICOS; VIDRO E MANUFACTURAS DE VIDRO
XIV PERLAS FINAS OU CULTIVADAS, PEDRAS PRECIOSAS E SEMIPRECIOSAS OU SEMELLANTES, METAIS PRECIOSOS, CHAPADOS DE METAIS PRECIOSOS E MANUFACTURAS DESTAS MATERIAS; XOIERÍA DE FANTASÍA; MOEDAS
XV METAIS COMÚNS E MANUFACTURAS DESTES METAIS
XVI MÁQUINAS E APARELLOS, MATERIAL ELÉCTRICO E AS SÚAS PARTES; APARELLOS PARA A GRAVACIÓN OU A REPRODUCIÓN DE SON, APARELLOS PARA A GRAVACIÓN OU A REPRODUCIÓN DE IMAXES E SON EN TELEVISIÓN, E AS PARTES E ACCESORIOS DESTES APARELLOS
XVII MATERIAL DE TRANSPORTE
XVIII INSTRUMENTOS E APARELLOS DE ÓPTICA, FOTOGRAFÍA OU CINEMATOGRAFÍA, DE MEDIDA, DE CONTROL OU DE PRECISIÓN; INSTRUMENTOS E APARELLOS MÉDICO-CIRÚRXICOS; RELOXERÍA; INSTRUMENTOS DE MÚSICA; PARTES E ACCESORIOS DESTES INSTRUMENTOS OU APARELLOS
XIX ARMAS E MUNICIÓNS, AS SÚAS PARTES E ACCESORIOS
XX MERCADORÍAS E PRODUTOS DIVERSOS
XXI OBXECTOS DE ARTE, DE COLECCIÓN OU DE ANTIGÜIDADE
XXII NON CLASIFICADOS

Cifras totais de Comercio Exterior e Intracomunitario por  Producto/Cifras totais de Comercio Exterior e Intracomunitario (Cifras ano 2015. Valor en Porcentaxe)

Fonte: IGE a partir datos Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Data da consulta 20/02/2017