Produto Interior Buto e Valor Engadido Bruto

No ano 2014 -último dato dispoñible-, O PIB da provincia de Ourense conservou o nivel dos 6.000 millóns de euros, chanzo que non perdeu en ningún exercicio de todo o período da crise. Con todo, o volume acadado en 2014 foi o máis contido da serie, cun importe de 6.018,13 millóns de euros (dato provisional), un 2,07% por debaixo da cifra de 2013 (6.145,38 millóns). En valores absolutos o descenso cuantificouse en 127,25 millóns, en liña co ano anterior (-107 millóns).
Na serie da crise -período 2008-2014-, o PIB provincial rexistrou crecementos en 2010 (+2,8%) e en 2011 (1%). A peor evolución dérase en 2009, cun recorte do 4,8%. En comparación con 2008, o PIB ourensán acumulaba en 2014 un descenso do 6,2%, resultado de terse comprimido en 398,3 millóns.
A estrutura produtiva mudou de xeito apreciable no ciclo da crise. A construción segue a ser o sector máis penalizado, si ben en 2014 mellorou en cuota provincial, por segunda vez desde 2008. Daquela impulsaba o 12,5% do PIB provincial, fronte ao 8,5% actual. O repunte que logrou en 2014 foi de tres décimas, que equivalen a un auxe de 8,3 millóns de euros en términos absolutos. O segundo grupo máis castigado é o que agrupa ás industrias extractivas e manufactureiras, á subministración de enerxía e auga, ás actividades de saneamento e á xestión de residuos e descontaminación. En conxunto pasou do 21,5% de cuota provincial ao 19,7%, co agravante de que a maior parte da caída concentrouse no último ano analizado (2014), no que baixou 2,1 puntos porcentuais en comparación con 2013, cando fixara o mellor rexistro de toda a serie, ao asinar o 21,8% do PIB provincial. Pechou 2014 xerando 132,4 millóns menos que no exercicio precedente.
Mentres, o comercio mantense exactamente no mesmo nivel que presentaba en 2008 (xera o 23,6% do PIB ourensán), logo de remontar catro décimas no último ano. Na comparativa con 2008 salienta a evolución da agricultura, gandeiría e silvicultura, que conquistaron 2,7 puntos de cuota en seis anos: en 2008 tiñan un peso relativo do 4,4% e en 2014 subiron ata o 7,1%. O avance do último ano (dúas décimas) tradúxose en 2,7 millóns de euros máis. Tamén continúa a crecer en ponderación o epígrafe no que están a Administración Pública e Defensa, a Seguridade Social, a Sanidade, os Servizos Sociais, o Ensino e as actividades artísticas, recreativas e de entretemento, entre outras. Desde que desbancara ao comercio, en 2009, este grupo leva actuando como primeiro motor do PIB provincial. En seis anos pasou de aportar o 22,2% ao 24,1%. E no último ano avanzou outras sete décimas, equivalentes a 17,8 millóns de euros. Finalmente, o grupo das ramas financieiras, inmobiliarias e administrativas, dos seguros e, en xeral, das tarefas profesionais, científicas e técnicas, tamén mellorou seis puntos (17,5 millóns) a súa contribución no último ano, para situarse no 17,1%, case un punto e medio máis que ao comezo da crise (15,8%).

A Agricultura, gandería, silvicultura e pesca
B_E Industrias extractivas, industria manufacturera, suministro de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado, suministro de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
F Construcción
G_J Comercio ao por maior e ao por menos, reparación de vehículos de motor e motocicletas, transporte e almaceamento, hostelería, información e comunicación
K_N Actividades financieras y de seguros, actividades inmobiliarias, actividades profesionales, científicas y técnicas, actividades administrativas y servicios auxiliares
O_U Administración pública e defensa, seguridade social obligatoria, educación, actividades sanitarias y de servicios sociales, actividades artísticas, recreativas y de entretenimiento, reparación de artículos de uso doméstico y otros servicios

P.I.B. a Prezos de Mercado e Valor engadido bruto por ramas de actividade (Valor engadido bruto por rama de actividade/valor engadido total en %)

Unidades: miles de €

Fonte: INE (Contabilidad Regional de España)
Data da consulta: 20/02/2017