Taxa de ocupación

O mercado laboral da provincia de Ourense pechou o ano 2016 cunha taxa de ocupación do 58,03%, o que representa unha melloría de 1,5 puntos porcentuais con respecto ao dato rexistrado hai un ano (56,5%). Segundo a EPA, no cuarto trimestre había 108.000 ocupados, 1.300 máis que no mesmo período de 2015.
A taxa media dos cuatro trimestres foi do 57,2% en 2016 e do 56,3% en 2015. É dicir, houbo un diferencial positivo cercano ao punto porcentual. Pola súa parte, o conxunto de Galicia despediu o exercicio pasado nunha taxa do 61,2%, igualmente 1,5 puntos mellor que a finais de 2015 (59,7%).
A provincia de Ourense acusa menos que o total de Galicia a diferencia entre a taxa de ocupación masculina e a feminina. No mercado laboral ourensán a dos homes está situada no 60,9% e a das mulleres no 55,2%, mentres que no galego os valores son respectivamente do 64,9% e do 57,6%. É dicir, o diferencial por sexos en Ourense é de 5,7 puntos, fronte a unha media galega de 7,3 puntos.
O mercado de traballo provincial volve quedar ás portas do obxectivo de consolidar o nivel do 60%, valor que só se rexistrou nun único trimestre -no segundo de 2011, co 60,1%- en toda a serie temporal comprendida entre 2010 e 2016. Desde finais de 2013 a taxa de ocupación ourensá ven rexistrando unha moderada recuperación..

% Ocupados de 16 a 64 anos / Total Poboación 16-64 anos

Fonte: IGE a partir da EPA

Data da Consulta 20/02/2017