Paro rexistrado por Concellos

A pesares da estacionalidade e do habitual repunte do paro en xaneiro, 19 municipios asinaron reducións no último mes e 9 repetiron a cifra de decembro de 2016, co que o número de concellos con subidas se situou en 64, nove máis que un mes antes. Cabe salientar que dúas comarcas -A Limia con 5 e Valdeorras con 4- aportan a metade dos concellos da provincia nos que decreceu o paro en xaneiro. A propia Valdeorras (14 parados menos que en decembro) foi xunto con Terra de Caldelas (-11) o territorio ourensán con balanzo positivo do paro no último mes. Polo contrario, anotaron ás maiores contribucións comarcais ao moderado repunte, Ourense (incremento comarcal de 424), Verín (89) e Carballiño (62). Entre as cabeceiras, só Castro Caldelas asinou descenso mensual en xaneiro (-7), mentres que en Pobra de Trives e no Barco de Valdeorras non houbo variación respecto a decembro. Lideraron as subidas os concellos de Ourense (351), O Carballiño (30), Xinzo de Limia (24), Verín (23) e Ribadavia (23).
Ao igual que no peche de 2016, en xaneiro de 2017 repítese a cifra de concellos ourensáns que protagonizan caídas en taxa interanual. Son un total de 81, entre os que 52 anotan descensos do paro a dobre díxito (máis do 10%). A mellor evolución a doce meses (de xaneiro de 2016 ao mesmo mes de 2017) corresponde a nove municipios nos que o ritmo de baixada foi maior do 25%. Trátase de Porqueira (-35,9%), que tamén lidera a evolución das afiliacións, Calvos de Randín (-34,8%), Beade (-31%), Vilariño de Conso (-30,9%), Beariz (-29,5%), O Irixo (-28,3%), Verea (-27,9%), Castro Caldelas (-27,8%) e Os Blancos (-25,8%). Entre os sete únicos concellos con subida interanual, só se pode falar de incrementos importantes nos casos de A Gudiña (10,9%), Paderne (10,5%) e Xunqueira de Ambía (9,3%). O resto dos aumentos son moito máis contidos: Vilar de Barrio (1,4%), Gomesende (2%), Petín (4,3%) e Xunqueira de Espadañedo (5,4%).

Selecciónese na lista os concellos dos que se queren coñecer datos

Total de demandas de emprego en alta existentes ao fin do mes

Fonte: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia)
Fecha de Consulta 20/02/2017