Afiliacións á seguridade social segundo o domicilio da conta de cotización [Municipal]

Polo que respecta ao peche do ano 2016, no mes de decembro repítiuse con exactitude a estatística de evolución interanual das afiliacións nos concellos ourensáns segundo o domicilio da conta de cotización (lugar no que está ubicado o centro de traballo). Ao igual que pasara en novembro, 59 municipios xeraron emprego neto, dous conservaron o mesmo nivel de hai un ano (Cualedro e Sandiás) e os 31 restantes perderon afiliados. Cabe salientar que todas as cabeceiras de comarca agás O Barco de Valdeorras foron xeradoras de emprego en 2016. Os maiores incrementos porcentuais déronse no concello do Carballiño (5,1%), Viana do Bolo (4,6%), Castro Caldelas (4,3%) e Poboa de Trives (4,1%). No municipio de Ourense a alza resultou máis moderada (1,4%), si ben a capital figura entre as catro cabeceiras -xunto con Verín, Viana e Trives- que anotan subidas tanto na taxa interanual como na intermensual (comparativa entre decembro de 2016 e novembro do mesmo ano).
A taxa acumulada a doce meses -é dicir, a evolución completa do ano 2016- reflicte incrementos de afiliados por enriba do 5% nun total de 20 concellos, con liderado para Porqueira (subida interanual do 48,7%), Beariz (21,7%), Lobeira (19,2%), A Veiga (14,5%), A Bola (12,5%), Parada de Sil (11,2%) e Baltar (11%). En senso contrario, o mercado de traballo reduciuse a dobre díxito en catro municipios: Laza (-33,7%), Vilar de Barrio (-16,1%), Os Blancos (-13,3%) e Petín (-12,7%).
Mentres, na comparativa a un só mes, entre novembro e decembro de 2016 -último dato dispoñible-, o balanzo é de 25 concellos con xeración de emprego, nove conservando intactas as afiliacións e os 58 restantes rexistrando caídas. En valores absolutos, os principais impulsores do emprego neto en decembro foron os concellos de Ourense (subida de 118 afiliacións no mes), Verín (28) e Amoeiro (23). E en términos relativos, as maiores alzas corresponden a Beariz (9%), Amoeiro (7,3%), O Bolo (3,9%) e Avión (3,2%).
No que respecta ao descensos no último mes do ano tamén cabe sinalar que un total de 20 municipios perderon dez ou máis afiliacións no último mes. Os peores rexistros afectaron a dous habituais xeradores de emprego, San Cibrao das Viñas e O Barco de Valdeorras, que esta vez sufriron un descenso mensual de 143 e 45 afiliacións, respectivamente. En porcentaxes, once concellos tiveron caídas superiores ao 5%, encabezadas polos recortes de Esgos (-10,5%), Rubiá (-10%), Baños de Molgas (-9,5%) e Quintela de Leirado (-9,2%).
Polo que respecta ao primeiro mes do ano 2017, en 51 Concellos o número de afiliacións, segundo o domicilio da conta de cotización, foi superior á alcanzada en Xaneiro de 2016. Cabe salientar que solo dúas cabeceiras de Comarca: O Barco e Verín ven disminuír o número de afiliacións desde esta perspectiva en termos interanuáis. Os 10 Concellos cunha mellor variación interanual son: Muiños (7,48%), Beariz (25,42%) , Baltar (14,39%), Porqueira (50%) , Beade (34,59%) , Parada de Sil (12,94%), A Bola (10,17%) , San Xoan de Río (7,04%), O Bolo (8,87%) e A Veiga (16,44%) e 21 Concellos consiguen manter ou incrementar o número de afiliacións do mes de Decembro, sendo Castro Caldelas a única cabeceira comarcal que se atopa en dito grupo.
Polo que respecta ás perdas interanuáis (Xaneiro 2017 en comparación de Xaneiro 2016) os 10 Concellos que presentan unha maior caída no seu número de afiliacións son: Os Blancos (-12,98%), Vilar de Barrio (-23,73%), Arnoia (-9,81%), Padrenda (-9,17%), Manzaneda (-9,90%), Petín (-12,61%), Castrelo de Val (-21,63%), Laza (-33,91%), Vilardevós (-9,05%) e A Gudiña (-11,63%)

Selecciónese na lista os concellos dos que se queren coñecer datos

Nº de Afiliados en Alta laboral o último día do mes agrupados segundo o domicilio do Código de Conta da Cotización

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Fecha de Consulta 20/02/2017