Introdución

NOVA PLATAFORMA EN LIÑA DO OBSERVATORIO ECONÓMICO OURENSÁN

Converter táboas e series estatísticas en reflexións e en contido estratéxico para a toma de decisións máis pragmática e enriquecedora. Transformar datos e cifras en coñecemento para poder avaliar en tempo real, e a toque de clic, o estado de 12 comarcas, de 92 municipios e dunha provincia con grandes potencialidades e con vantaxes competitivas en moitos dos sectores máis desprendidos á hora de xerar valor engadido. Substituír a análise económica convencional polo máis evolucionado e adaptado á era dixital, na que as actualizacións permanentes desprazan a un segundo plano as clásicas series temporais.
Converter táboas e series estatísticas en reflexións

Converter táboas e series estatísticas en reflexións

Así se presenta a nova etapa do Observatorio Económico Ourensán (OEOu) da Deputación Provincial de Ourense. Como un intuitivo mapa da provincia no que as bases de datos determinan as tonalidades en función do estado de saúde das principais variables económicas, sociais e demográficas. É como unha plataforma de fácil lectura, pero co poderío de ducias de miles de datos estruturados desde a perspectiva do usuario da web, é dicir, desde o enfoque do protagonista da navegación en liña por un caudal de táboas estatísticas, de series de observación, de comparativas e de interpretacións reais.

12 Comarcas, 92 Concellos

O resumo é moi claro: máis contidos, mellor presentados, con máis análise dinámica e cunha maior e mellor accesibilidade.

A imaxinación, a diversidade, a innovación, a aprendizaxe e o deseño retratan á perfección a versión 4.0 do Observatorio Económico Ourensán, pero sen renunciar en ningún momento ao fundamento desta ferramenta provincial de diagnóstico: o rigor.

En plena era das Tics, o novo Observatorio quere ser á vez a despensa de datos, o laboratorio de ideas, a biblioteca de fondos documentais e a sala de reunións na que se define a boa estratexia. Con coñecemento, información e claves desde estes catro custados, o avance e o desenvolvemento da provincia de Ourense estarán garantidos.