Idade media da poboación

A idade media da poboación ourensá, a 1 de xaneiro de 2016, superou por vez primeira os 50 anos, situándose nos 50,06 anos; tres anos e medio por riba da idade media en Galicia (esta sitúase nos 46,51 anos) e lonxe da do total do estado (42,73). Esta cifra supón que dende o ano 2000 a idade media da poboación ourensá creceu 4 anos, experiementando un envellecemento algo menor que o do conxunto de Galicia (4,26 anos).

Idade Media da Poboación

Media de idades dos individuos a 1 de xaneiro
Fonte:: INE
Data da consulta: 20/02/2017