Mapa Poboación Concellos

Vinte e catro dos noventa e dous concellos Ourensáns posúen unha poboación, o 1 de Xaneiro de 2016, igual ou menor dos 1.000 habitantes (dous máis que ao inicio do ano 2015) , o que supón unha porcentaxe do 26,1% dos municipios da provincia, unha porcentaxe que se ben supera en mas de 16 puntos a porcentaxe que os municipios con esta poboación supoñen sobre o total de municipios no conxunto de Galicia (9,5%), quédase moi lonxe do máis do 60% da porcentaxe que os municipios deste tamaño supoñen no conxunto do Estado. 17.862 ourensáns residen nestes concellos o que supón o 5,7% da poboación provincial, unha cifra moi superior á que representa os habitantes en concellos deste tamaño tanto no caso do conxunto do Estado (3,1%) como en Galicia (0,8%).
Ao igual que acontece no conxunto de Galicia os municipios que posúen entre 1001 e 5000 habitantes, 57 concellos, supoñen o grupo máis numeroso da provincia (o 61,9% no caso da provincia e do 54,8% no caso galego). A poboación neste tipo de concellos (99.825 habitantes supón) o 31,7% do total provincial (fronte ao 15,2% en Galicia e o 9,3% en España).
Tamén merece ser destacada a ausencia de concellos na nosa provincia entre 20.000 e 100.000 habitantes, tamaño de municipio que é moi relevante para o conxunto de Galicia como demostra que neles se concentre o 28,5% da poboación Galega.

.

Situándose enriba de cada concello pode verse a súa poboación
Menos de 1000 habitantes
1001-5000 habitantes
5001-10000 habitantes
10001-20000 habitantes
Más de 100.000 habitantes

INE. Padrón Municipal de Habitantes a 1 de Xaneiro de 2016

Fonte: INE
Data da consulta: 20/02/2017