Indice de envellecemento por comarcas

Dúas comarcas da provincia: a de Ourense (195,9) e a de Valdeorras (258,2) presentan un índice de envellecemento inferior ao do conxunto da provincia (290,15); cifras todas elas, en calquera caso, claramente por riba das do índice de envellecemento de Galicia (189,1). Cinco comarcas acadan un índice de envellecemento superior aos 500 puntos de porcentaxe: Viana (554,4); Terra de Celanova (631,4); Terras de Trives (646,6); Terras de Caldelas (1032,1) e a Baixa Limia (888,9).
Se comparamos os índices de envellecemento a xaneiro de 2015 das diferentes comarcas ourensás respecto aos que tiñan no ano 2000, cómpre destacar o comportamento da comarca de Allariz-Maceda, a única que é capaz de diminuír o seu índice, en 2,6 puntos (fronte ao crecemento de máis de 58 puntos no seu índice de envellecemento que presenta o conxunto da provincia ou mesmo de máis de 46 puntos no caso da comarca de Ourense).

Situándose enriba de cada comarca pode verse o seu índice de envellecemento

Poboación de 65 e máis anos / Poboación menos de 16 anos

Data 1 de xaneiro 2015. (Valor coma porcentaxe)

Fonte: INE
Data da consulta: 20/02/2017