Idade media por comarcas

A 1 de xaneiro de 2015, dúas comarcas da provincia: as Ourense (195,9)  é Valdeorras (258,2)  presentan un índice envellecemento inferior ao do conxunto da Provincia (290,15); cifras todas elas, en calquera caso, claramente por riba das do índice de envellecemento de Galicia (189,1). Cinco comarcas acadan un índice de envellecemento superior aos 500 puntos de porcentaxe: Viana (554,4); Terra de Celanova (631,4); Terras de Trives (646,6); Terras de Caldelas (1032,1) e a Baixa Limia (888,9). Se comparamos os índices de envellecemento a xaneiro de 2015 das diferentes comarcas ourensás respecto aos que tiñan no ano 2000, compre destacar o comportamento da comarca de Allariz-Maceda, a única que é capaz de diminuír o seu índice, en 2,6 puntos (fronte ao crecemento de máis de 58 puntos no seu índice de envellecemento que presenta o conxunto da provincia ou mesmo de máis de 46 punto no caso da comarca de Ourense).

Situándose enriba de cada comarca pode verse a súa idade media

Media de idades dos individuos

(Data 1 de xaneiro 2015)

Fonte:: IGE
Data da consulta: 20/02/2017