Número de Pernoitas

No mes de Decembro de 2016 o número de pernoitas en establecementos hoteleiros situados na provincia de Ourense acendeu a 33.149 consolidándose deste xeito o incremento observado durante todo este ano e que quedou reflectido nos máximos históricos acadados nos meses do verán, de xeito que no total do ano 2016 acadáronse un total de 613.379 pernoitas, cantidade que supera en 68.580 pernoitas o número de pernoitas do ano 2015 (o que supón un incremento do 12,59%)
O número de pernoitas no mes de Decembro en establecementos de turismo rural ascendeu a 3.002 (o que supón un incremento do 18,99% respecto ás pernoitas, nestes establecementos, de Decembro de 2015). No ano 2016, no caso dos establecementos de turismo rural, o númerode pernoitas ascendeu a 51.206 (+12,53% fronte ás 45.504 do ano 2015).

Número de Pernoitas

Fonte:: IGE a partir de Enquisa de ocupación hoteleira, Enquisa de ocupación en establecementos de turismo rural)
Data da consulta: 20/02/2017