Evolución do Número de Viaxeiros

Os 19.312 viaxeiros aloxados no mes de Decembro de 2016 en establecementos hoteleiros da provincia de Ourense, supoñen un incremento do 3,48% respecto á cifra alcanzada no mesmo mes do ano anterior. Desta forma a evolución deste indicador reafirma a tendencia alcista reiniciada no mes de agosto, que leva a cerar o ano 2016 coa visita de 313.755 viaxeiros que reflicten unha significativa mellora da demanda turística ourensá, superando en 24.478 o número de visitantes do ano 2015 (+8,46%).
No que atinxe aos establecementos de Turismo Rural, o numero de viaxeiros rexistrados no mes de Decembro (1.826) supoñen un incremento do 14,77%, fronte á ocupación no mesmo mes do ano 2015. Polo que respecta ás cifras acumuladas de viaxeiros no conxunto do ano 2016 o número de viaxeiros neste tipo de establecementos situouse en 31.461, que supoñen un incremento do 13,52% respecto ao ano 2015.

Evolución do Número de Viaxeiros (Valor coma porcentaxe. Variación: Diferencia co mesmo período do ano anterior)

Fonte:: IGE a partir de Enquisa de ocupación hoteleira, Enquisa de ocupación en establecementos de turismo rural)
Data da consulta: 20/02/2017