Peso Específico das Exportacións por Produtos do Sector Agroalimentario Ourense/Galicia

A cifra de mais de 153,1 millóns de euros alcanzados polo Comercio Exterior do sector agroalimentario ourensán no ano 2015 sitúase lixeiramente por baixo da acadada no ano 2014 (154,3 millóns); quedando lonxe dos 179 millóns de euros do ano 2013 e presentando unha evolución que contrasta co forte incremento da cifra de Comercio exterior do sector agroalimentario para o conxunto de Galicia no último ano (que experimentou un incremento do 8,9% crecendo ata os 2.571.586.000 de euros) o que fai que o peso relativo das exportacións ourensás no conxunto das galegas neste sector fora no ano 2015 a mais baixa de todo o último decenio. Se excluímos do sector agroalimentario o capítulo de Peixes e crustáceos, moluscos e outros invertebrados acuáticos, a cifras de exportacións do sector agroalimentario ourensán no ano 2015 supoñe o 10,9% do total do sector galego (cifra que tamén é a menor do último decenio).
Por seccións compre destacar a importancia que teñen as exportacións ourensás da Sección III ( Graxas e aceites animais ou vexetais; produtos do seu desdobramento; graxas alimenticias elaboradas; ceras de orixe animal ou vexetal) no conxunto das Galegas (64,4%)

Cifra de Exportacións de Produtos Agroalimentarios segundo a clasificación TARIC

Fonte: IGE a partir dos ficheiros proporcionados pola Agencia Estatal de Administración Tributaria
Data da consulta: 20/02/2017