Exportacións mensuais por Produtos Sector Agroalimentario

Nos once primeiros meses do ano 2016, as exportacións do conxunto de sector agroalimentario superaron os 144 millóns de euros, unha cifra que supera inferior nun -2,77% á que acadou no mesmo espazo temporal do ano 2015 (140,5 millóns de euros).
Por sectores TARIC segue a diminuir as exportacións no sector de Animais Vivos e Produtos do Reino animal, a pesar de que no conxunto do ano é a que consigue un maior valor das súas exportacións seguen o seu decrecemento relativo e sofren un decrecemento no que va de ano do -17,05% fronte as cifras do mesmo período do ano anterior. O decrecemento é tal que as exportacións desta sección, que tradicionalmente lidera o sector agroalimentario, vese neste mes superado polas exportacións de Produtos do Reino Vexetal, que experimentan este mes un forte crecemento (+198% respecto ao mesmo mes do ano anterior) e pola sección de Graxas e Aceites Animais ou Vexetais, que mantén o seu forte crecemento (+135,07 neste mes para un total acumolado que supera en máis do 30% as cifras acumuladas dos primeiros once meses do ano pasado). Tamén crecen, aínda que mais modestamente, as exportacións de Produtos das Industrias Agroalimentarias que acadan case os 3 millóns de euros no mes de Novembro e un acumulado nos once primeiros meses do ano lixeiramente por riba dos 30,3 millóns de euros (+3,73% en comparación da cifra acumulada nos once primeiros meses do ano 2015) que fan que esta sección manteña a segunda posición no acumulado do ano.

Cifra de Exportacións de Produtos Agroalimentarios segundo a clasificación TARIC

Fonte: IGE a partir dos ficheiros proporcionados pola Agencia Estatal de Administración Tributaria
Data da consulta: 20/02/2017