RADIOGRAFIA DA OCUPACION LABORAL EN OURENSE

20 Jun 2017 RADIOGRAFIA DA OCUPACION LABORAL EN OURENSE

O OEOU identifica 13 sectores e actividades con forte peso da provincia sobre o emprego total de Galicia

 

  • A provincia de Ourense concentra o 55% dos traballadores ocupados en toda a Comunidade nas industrias extractivas.
  • Acada o 15% de ponderación sobre o conxunto da Galicia na venda e reparación de vehículos, na Administración Pública e Defensa, e nas profesións xurídicas e de contabilidade.
  • Ourense tamén sobrepasa o 12% de contribución -o dobre do que lle corresponde por VAB xerado e por facturación das empresas- nos servizos sociais, nos empregados de fogar, no fornecemento de enerxía, gas e auga, e na agricultura e gandería.
  • O Observatorio Económico adica o seu segundo análise infográfico a retratar os traballos que están tirando do emprego na actual etapa de rexeneración laboral.
  • No déficit laboral, a taxa de variación interanual dos ocupados aínda cae máis do 20% na industria da madeira, no fornecemento de enerxía, gas e auga, no resto da industria manufactureira, nos servizos a edificios e xardinería, na fabricación de vehículos, no téxtil e na construción.
  • A achega de sete sectores sostén máis da metade (o 53,2%) do mercado de traballo ourensán: o comercio, a Administración Pública, o ensino, o sector primario, as actividades sanitarias, a construción e a hostalería.