Evolución do Número de Viaxeiros

Os 30.796 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da provincia de Ourense no mes de Xullo do ano 2017 supoñen un incremento do 7,42% respecto aos aloxados no mesmo mes do anterior. Este incremento permítelle ao número acumulado de viaxeiros aloxados en hotéis no que vai de ano, 169.350 recuperar o déficit acumulado nos 6 primeiros meses en comparación co ano anterior (no que vai de ano o incremento nas cifras de viaxeiros en este tipo de establecementos sitúase no 0,06%).
Pola súa banda 3.866 viaxeiros aloxáronse en establecementos de Turismo Rural no mes de Xullo de 2017 (15. 403 no acumulado dos primeiros sete meses do ano 2017, conseguindo case equilibrar o déficit acumulado ao longo dos meses anteriores e deixando a evolución interanual acumulada no -0,12%), se ven o incremento da estancia media fai que a cifra acumulada de pernoitas neste ano sexa un 9.35 % superior á acumulada do ano anterior.

Evolución do Número de Viaxeiros (Valor coma porcentaxe. Variación: Diferencia co mesmo período do ano anterior)

Fonte:: IGE a partir de Enquisa de ocupación hoteleira, Enquisa de ocupación en establecementos de turismo rural)
Data da consulta: [todaysdate format=”d/m/Y”