Información Socioeconómica

O obxectivo principal do Observatorio Economico Ourensán (OEOU) consiste en recoller e organizar a información socioeconómica e demográfica máis relevante, tanto do conxunto da provincia de Ourense como das diferentes comarcas que a conforman, co obxectivo de posibilitar e facilitar os procesos de diagnóstico a partir da evolución da realidade.

Indicadores reflexo da realidade

A través dun conxunto de indicadores capaces de reflectir a realidade e evolución demográfica e socioeconómica provincial e comarcal, o OEOu  permite entender a situación específica de cada territorio e momento; convertíndose desta forma nun  instrumento útil a partir do cal construír os procesos de planificación de accións futuras polos distintos axentes sociais así como  a avaliación do impacto das accións desenvolvidas.

Actualización Continuada

A contorna actual, de realidade cambiante no moi curto prazo, require moitas veces a realización de axustes continuados, o que esixe repensar o contido, a forma,  e a difusión dos procesos de entrega de datos. Como resposta ao reto, o OEOu proporciona unha actualización continuada, traballando para facilitar o proceso de consulta dos seus indicadores por toda aquela persoa ou axente social e/ou económico interesado.

Reflectimos a realidade e a súa evolución

A través da publicación periódica de indicadores que reflicten os datos provinciais e comarcais.

Que permiten comprender que está a suceder

Servindo de medio de análise e comprensión da situación específica de cada territorio e o seu marco temporal concreto.

A través da actualización continua

Permitindo desta forma facilitar a realización do oportuno diagnostico de cada situación no momento oportuno.

Planificación e Futuro

Co obxectivo de facilitar os procesos de planificación de accións futuras, polos distintos axentes sociais, e avaliar o impacto das mesmas.